Libre o detido pola morte en Baiona do impusor de Celta Televisión

Carlos Bermúdez apareceu inconsciente, cun golpe na cabeza, nun aparcadoiro da localidade

Carlos Bermúdez. TWITTER
photo_camera Carlos Bermúdez. TWITTER

O Xulgado de Instrución 6 de Vigo decretou liberdade para o mozo detido pola Garda Civil en relación coa morte do comunicador César Bermúdez días despois de golpearse a cabeza nun aparcadoiro en Baiona.

Este mozo, que é investigado por un delito pendente de definir ao longo da instrución, deberá comparecer periodicamente no xulgado e, ademais, ten prohibido saír do territorio nacional, informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A vítima mortal, de 47 anos, foi o promotor da canle de televisión do Celta e outras páxinas deportivas, como a web de Iago Aspas.

Inicialmente críase que non había máis persoas implicadas na súa morte e que se trataba dunha caída fortuíta.

Comentarios