A Garda Civil ha informado da detención dun home, veciño do Barco de Valdeorras, como suposto autor dun incendio forestal que tivo lugar o pasado día 12 de agosto na citada localidade galega.
Segundo informou o Instituto Armado, o home, J.R.G. de 61 anos, foi detido como presunto autor dun incendio ocorrido no lugar de Vales, no Barco, na xornada mencionada.
O lume afectou a 0,5 hectáreas poboadas de monte raso.
As dilixencias por estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución número un do Barco.
Detido un sesaxenario como presunto autor dun incendio forestal no Barco
O lume que se lle atribúe afectou a 0,5 hectáreas poboadas de monte raso