Detido en Vigo un motorista ebrio que fuxiu dun control e acabou tendo un accidente

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron un home de 37 anos veciño de Vigo como autor dun delito contra a seguridade do tráfico por fuxir dun control policial e sufrir un accidente cando triplicaba a taxa de alcoholemia.

Fontes da Policía Naciona linformaron de que os feitos tiveron lugar a madrugada pasada, cando unha patrulla que realizaba labores de prevención de roubos na zona de Castrelos e Matamá observou unha motocicleta de alta cilindrada que circulaba a gran velocidade saltándose a fase vermella dos semáforos.

Ante a imposibilidade de seguila, os axentes comunicaron o feito ao resto de dotacións e estableceron un control na zona de Pereiró, onde se localizou de novo o piloto que conseguiu darse á fuga pero se accidentou nunha leira de Camiño Sabarís.

Logo de auxiliar o motorista, realizóuselle un control de alcoholemia que revelou que cuadriplicaba o límite máximo permitido.

Xa en comisaría, os axentes comprobaron que contaba con dous antecedentes policiais e foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 3 en funcións de garda.

Comentarios