Detido en Guitiriz por ameazar cun machete ao dono dun establecemento

O arrestado, veciño de Recimil e de 48 anos, foi posto a disposición xudicial

A Garda Civil detivo no municipio de Guitiriz a un veciño do lugar de Recimil, de 48 anos de idade, como suposto autor dun delito de ameazas, cun machete e unha maza, ao propietario dun establecemento comercial desa localidade.

Tras tomar declaración ás testemuñas e á vítima, os axentes da Garda Civil rexistraron o vehículo do suposto autor das ameazas e localizaron baixo unha alfombrilla no maleteiro, no interior dunha caixa de ferramentas, o machete e a maza. O detido foi posto a disposición xudicial.

comentarios