Detido na Coruña despois de ameazar cun machete á súa irmá e á súa nai

Os policías localizaron ao mozo na vivenda da súa nai

Un home foi detido na Coruña por ameazar supostamente cun machete á súa irmá, sobre a que ten unha orde de afastamento, e con prender lume á vivenda da súa nai, informan fontes da Policía local.

As ameazas producíronse a noite do pasado 1 de outubro na Conserveira Celta, na Avenida da Pasaxe, onde a nai do presunto agresor e da vítima ratificou os feitos ante os axentes. Segundo a súa versión, o home consumira alcol.

Os policías rexistraron a zona e localizaron ao mozo na vivenda da súa nai, onde presenciaron as súas ameazas de que ía prender lume á chabola.

Tras non lograr convencelo de que se tranquilizase e ante a súa actitude cada vez máis agresiva, os axentes procederon á súa detención, ante a que opuxo unha forte resistencia, engaden as mesmas fontes.

Comentarios