Detido na Coruña por agredir á súa parella

Un home de 40 anos foi detido na Coruña acusado dun delito de violencia de xénero por agredir súa parella no barrio de Monte Alto.

Os feitos ocorreron a madrugada do venres ao sábado, segundo informou hoxe a Policía Local, que explica nunha nota que unha patrulla realizaba labores de custodia dos camións do servizo de recollida de lixo no barrio de Monte Alto cando foi alertada por unha muller, de 25 anos, que asegurou con gran "estado de excitación" que o seu mozo a agredira.

O home, segundo o relato da muller recollido pola Policía Local, agredíralle "colléndoa polo pescozo, tirándolle do pelo e empuxándoa reiteradamente".

Ante o temor "pola súa vida", contoulle aos axentes, a muller saíu do seu domicilio e pediu auxilio primeira persoa que viu que foi o condutor do camión de recollida de lixo.

Mentres os policías estaban a falar coa muller achegouse un home, que dixo ser a súa parella, e recoñeceu que momentos antes, cando el se atopaba no domicilio, empuxara á muller despois de que esta lle increpase e lle golpease por terse marchado deixándoa soa en casa.

O home foi detido e posto a disposición xudicial.

Comentarios