Desarticulado un punto negro de venda de estupefacientes en Marín

A Policía Nacional detivo dous veciños da localidade por un delito de tráfico de drogas
Material incautado
photo_camera Material incautado

Axentes da Policía Nacional de Pontevedra e Marín detiveron dous veciños desta última localidade por un delito de tráfico de drogas. Os arrestados vendían cocaína e heroína a terceiros no seu propio domicilio, onde ademais permitían o consumo das sustancias.

Os feitos remóntanse a principios do mes de agosto, cando os axentes teñen coñecemento de que nun domicilio de Marín podíase estar vendendo droga polo miúdo, o que xeraba molestias.

Posteriormente, os efectivos incautan cinco vendas de pequenas cantidades de heroína e cocaína a outros tantos compradores e constatan de que o domicilio á súa vez era utilizado polos clientes para o consumo das sustancias que adquirían.

Durante o rexistro interviñéronse pequenas cantidades de haxix, heroína, cocaína, marihuana, así como útiles para a pesada e manipulación das drogas anteriores, sustancias de corte, diñeiro, e gran cantidade de teléfonos móbiles, aparellos electrónicos e ferramentas varias.

Comentarios