lunes. 18.11.2019 |
El tiempo
lunes. 18.11.2019
El tiempo

Un curtocircuíto provoca un incendio na fragata Cristóbal Colón, atracada en Ferrol

Efectivos sufocando o lume na fragata Cristóbal Colón. EP
Efectivos sufocando o lume na fragata Cristóbal Colón. EP
A rápida intervención da dotación e do persoal en terra permitiu sufocar en poucos minutos o lume 

Un curtocircuíto no cadro eléctrico que fornece o sistema de climatización situado na lavandería da fragata Cristóbal Colón, a máis moderna da Armada española, motivou un pequeno incendio que grazas á rápida intervención da dotación do buque e da persoa de terra que estaba no Arsenal Militar de Ferrol non provocou danos maiores. 

O incidente produciuse sobre as 16.00 horas deste venres, cando o buque se atopaba amarrado na súa base, cando o curtocircuíto se estendeu pola climatización e de aí pasou a diverso material que existía na lavandería, como sabas e toallas. 

Foi entón cando o sistema de detección de fumes do buque fixo saltar a alarma, a través do sistema integrado de control da plataforma, deseñado por Navantia, empresa que construíu esta fragata nas súas instalacións de Ferrol, e iniciouse o illamento automático, mecánico e eléctrico da zona.

DOTACIÓN. Foi entón cando os militares que estaban a realizar a garda a bordo iniciaron o ataque do lume cos extintores e activouse o protocolo de auxilio exterior establecido no Arsenal de Ferrol, acudindo rapidamente para apoiar os equipos de bombeiros do Arsenal e de Navantia. 

En menos de dez minutos o incendio estaba apagado e os danos producidos polo lume limitáronse ao equipo de climatización e algúns aveños de lavandería. 

Un curtocircuíto provoca un incendio na fragata Cristóbal Colón,...