Convive durante semanas co cadáver da súa irmá xemelga

A muller, unha septuaxenaria veciña dunha localidade de Salamanca, non deu aviso ás autoridades
Un agente de la Guardia Civil. AEP
photo_camera Un agente de la Guardia Civil. AEP

Efectivos sanitarios e axentes da Garda Civil descubriron este luns o cadáver dunha muller de 77 anos nunha vivenda da localidade de Arcediano, en Salamanca. Unha muller, xemelga da vítima, levaba polo menos 20 días convivindo co corpo sen vida da súa irmá en condicións insalubres.

O achado produciuse cando os sanitarios acudiron ao domicilio tras recibir unha chamada solicitando asistencia. Os efectivos médicos, ao atoparse co cadáver, deron aviso á Garda Civil. A irmá da falecida non informara ás autoridades en todo este tempo.

Segundo informan varios medios de Salamanca, a muller foi trasladada para someterse a unha revisión médica. Todo apunta a que pode sufrir algún trastorno mental, ademais de síndrome de Dióxenes, xa que a vivenda estaba chea de lixo.