Un incendio forestal que queimou unhas 25 hectáreas de monte raso no Concello ourensán da Mezquita quedou controlado esta tarde, informou a Consellería de Medio Rural.
O lume, que se orixinou na parroquia de Pereiro ás 16:39 horas de hoxe, quedou controlado sobre as 19:16 horas desta tarde.
Nos labores para apagar o lume traballaron sete helicópteros, oito brigadas, dúas patrullas de vixilancia, tres motobombas e tres axentes forestais.
Controlado un incendio que queimou 25 hectáreas de monte raso na Mezquita
Galiciaé / Axencias
04 agosto 2011 21:15 h.