Capturados tres cabalos que fuxiron pola AP-9

Os animais chegaron a percorrer 10 quilómetros pola autoestrada ao seu paso polas inmediacións de Padrón e sempre no sentido da marcha

Tres cabalos foron capturados este luns pola mañá na autoestrada AP-9 ao seu paso por Padrón despois de que os animais se espantasen e fuxisen ao galope tras unha caída do seu dono.

O suceso ocorreu pasadas as nove da mañá nas inmediacións da peaxe de Padrón, desde onde os equinos circularon en todo momento no correcto sentido da marcha e chegaron a percorrer unha distancia de dez quilómetros, informan fontes da Garda Civil.

Finalmente, sobre as 10:00 horas, entre os servizos de asistencia da autoestrada, o dono e tres patrullas da Garda Civil conseguiron capturar aos tres animais sen que houbese que lamentar ningún tipo de dano. 

Comentarios