"Cando caemos á auga collín medo e apurámonos en saír do coche"

O único dos mozos de Burela que estaba hospitalizado tras caer o seu coche ao mar en Foz explica como conseguiron salvarse
Minarzique Gonçalves Alves, Lentine, en el hospital
photo_camera Minarzique Gonçalves Alves, Lentine, en el hospital

Minarzique Gonçalves Alves, Lentine para amigos e familia, volveu nacer o día en que cumpría 20 anos, e é que cando se produciu o accidente viña cos seus amigos de celebrar o aniversario en Foz. "Pasou todo moi rápido", di o mozo, que viaxaba no asento de atrás e ten recordos vagos do momento do accidente.

"Cando caeu o coche á auga collín medo, porque me parecía que ulía a gasolina, e apurámonos en saír. Tivemos sorte porque Edikerson tiña a ventaniña aberta e por iso saímos rápido", relata, aínda que non é capaz de precisar que o levou a escalar a continuación polo illote xunto a este mesmo amigo.

Lentine é o único dos catro mozos que tivo que quedar ingresado no hospital burelense, onde este domingo pola tarde confesaba sentirse "regular" e con moito dor por ter unha costela rota. Con todo compañía non lle falta e familia e amigos arróupano para axudar á súa rápida recuperación nesta nova vida.

Comentarios