Buscan unha menor desaparecida en Asturias

Nerea Jiménez foi vista por última vez na tarde do sábado

Nerea Jiménez
photo_camera Nerea Jiménez

A Policía busca a Nerea Jiménez, unha menor de 13 anos desaparecida o pasado sábado na localidade asturiana de Ciaño (Langreo).

Polo momento descártase que se trate dunha desaparción "inquietante", a pesar de que os familiares da pequena mobilicen unha campaña de gran repercusión nas redes sociais.

Nerea é de complexión delgada, pelo longo, moreno e ollos negros. Foi vista por última vez acompañada dun coñecido polo centro desta localidade asturiana. Naquel entón vestía unha chaqueta verde, pantalón vaqueiro, sudadera rosa e zapatillas brancas.