Un home forte, decidido e que parecía coñecer o local entrou á hora do peche no bar Sabores de Vilagarcía de Arousa e levou algo máis de 800 euros da caixa rexistradora.
A Policía busca ao asaltante, que ía coa cara tapada e portaba unha arma branca. No local da rúa Santa Eulalia atopábanse nese momento a camareira, que estaba a recoller, e polo menos un cliente, que foi testemuña do sucedido.
Esa mesma noite do luns, en Vilagarcía houbo outro suceso destacado. Persoal do centro de saúde de San Roque atopou dentro das instalacións a un asaltante que estaba ferido e que entrara por unha fiestra.
En ambos os casos non houbo que lamentar danos persoais.