Atraca un supermercado en Tordoia disfrazado de personaxe de 'A casa de papel'

A Garda Civil trata de identificar e localizar ao autor dos feitos
Fotograma de 'La casa de papel'. EP
photo_camera Fotograma de 'La casa de papel'. EP

A Garda Civil busca un home que atracou un supermercado en Tordoia ataviado cunha máscara como a que levan os personaxes da serie televisiva A casa de papel e empuñando un arma de fogueo, informan a Efe fontes da investigación.

Os feitos ocorreron ao redor das 20:00 horas da tarde deste luns, cando o home, disfrazado como os atracadores da serie, entrou no establecemento, disparou dúas veces e pediu a recadación da caixa.

Os empregados do local déronlle a escasa recadación de diñeiro en efectivo que tiñan.

Entón, o ladrón saíu do supermercado, subiuse a un turismo e fuxiu.

A Garda Civil trata agora de identificar e localizar ao autor dos feitos.