Atenden a unha nena de 12 anos por unha intoxicación etílica en Santander

A menor, que se atopaba "indisposta", foi achada pola Policía na noite de San Xoan

A noite de San Xoan é un momento máxico do ano, pero tamén ten unha cara amarga. Esa zona escura da noite máis curta do ano viviuse en Santander, onde unha nena de 12 anos tivo que ser atendida debido a unha intoxicación etílica.

A Policía atopouna nuns xardíns próximos á praia, onde se estaba celebrando a festa. A menor estaba "indisposta" e tivo que ser trasladada ao hospital para ser atendida polos servizos médicos.

Outras cinco menores tiveron que ser trasladadas ao hospital por motivos similares, nunha noite que non presentou demasiadas incidencias para os axentes e para os servizos médicos.

Comentarios