Arde un camión nun alpendre en Touro

O lume iniciouse nun galpón anexo a unha nave sen actividade. Non houbo que lamentar danos persoais

Os Bombeiros de Arzúa extinguiron na noite deste luns un incendio iniciado nun alpendre anexo a unha nave, sen actividade, situada no lugar de Noaios, na parroquia de Santiago de Prevediños, no Concello de Touro.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais. Os efectivos de extinción confirmaron ao 112 Galicia que ardeu unha superficie duns 200 metros cadrados, un camión na súa totalidade, cubos de lixo e uns tubos de plástico.

Tras a alerta dun particular que indicaba que escoitara unha explosión e que vía unha columna de fume pola zona, o CAE 112 Galicia, de inmediato, requiriu a presenza dos efectivos do parque comarcal, así como a da Garda Civil e a dos efectivos de Protección Civil de Touro. O lume quedou totalmente extinguido.

Comentarios