Aparece morto un okupa dunha casa na Coruña na que antes se detivo a un caco

Os servizos de urxencias localizaron o cadáver dun home nun piso okupado na Avenida de Fisterra, na Coruña, o mesmo domicilio onde media hora antes irromperan para deter a outro morador que acababa de afanar 70 pares de lentes de sol de alta gama nunha óptica situada no baixo do mesmo edificio. á espera de que se lle realice a autopsia, as primeiras observacións dos médicos do 061 apuntan a unha morte natural.

En declaracións á TVG, a encargada do comercio onde se produciu o roubo expresou que o grupo de okupas instalouse recentemente nunha vivenda baleira e que teñen atemorizado á veciñanza, con constantes.