Extinguido un incendio en Vilariño de Conso tras arrasar 40 hectáreas

As chamas no concello de Ourense iniciáronse ás tres e media da tarde

O incendio forestal rexistrado na parroquia de Chaguazoso do termo municipal de Vilariño de Conso (Ourense) quedou extinguido tras queimar unhas 40 hectáreas de monte raso.

Segundo informou a Consellería de Medio Rural, o lume comezou ás 15.26 horas do xoves, quedou controlado ás 21.12 horas e deuse por extinguido ás 23.10 horas do mesmo xoves.

Nas tarefas de extinción deste lume participaron catro axentes forestais, seis brigadas, unha motobomba e un helicóptero, segundo indicou Medio Rural.

Comentarios