Achan o corpo dunha moza na leira do detido pola desaparición de Waffa

A moza de 21 anos desapareceu na Pobla Llarga
Waffa Sebbah. SOS DESAPARECIDOS
photo_camera Waffa Sebbah. SOS DESAPARECIDOS

Os axentes da Garda Civil que durante toda a xornada realizaron a procura da moza de 21 anos Waffa Sebbahe, desaparecida en novembro de 2019, acharon un corpo nun pozo situado nunha leira da localidade de La Pobla Llarga (Valencia).

Segundo informaron a Efe fontes coñecedoras da investigación, este achado realizouse tras un novo interrogatorio a David S.O., de 30 anos, detido onte en relación con estes feitos.

Ao parecer, a leira onde se realizou o achado do corpo é da familia do detido.