Atopan o corpo dun home que desaparecera en Zas

O achado rexistrouse no lugar de Limideiro ao fío das 16.00 horas

O corpo sen vida dun home que desaparecera o pasado venres en Zas foi localizado esta tarde no interior dun pozo, informou a central que se ocupa de coordinar a atención ás urxencias que se producen en Galicia.

O achado rexistrouse no lugar de Limideiro ao fío das 16.00 horas, momento en que a Garda Civil solicitou ao 112 Galicia a intervención dos Bombeiros de Santa Corda para recuperar o corpo do home.

Así, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Xallas e de Protección Civil de Zas. Tamén, desde o CIAE 112 Galicia, informouse os feitos ao 061-Urxencias Sanitarias.

Unha vez recuperado o corpo, os axentes da Garda Civil confirmaron ao 112 Galicia que a identidade do home falecido correspondíase á do home desaparecido o venres en Zas.

O 112 Galicia tivo constancia da desaparición do home ao mediodía deste domingo, a través da chamada dun dos familiares do home e, enseguida, desde o CIAE informouse á Garda Civil e a Protección Civil de Zas, que se atopaban na procura do desaparecido. 

Comentarios