Achan o cadáver dun ancián que desapareceu dunha residencia de Rairiz de Veiga 

A procura iniciouse a última hora deste mércores

Os efectivos de urxencias atoparon, preto da medianoite deste mércores, o cadáver dun ancián que horas antes desaparecera dunha residencia no municipio ourensán de Rairiz de Veiga. 

A procura iniciouse a última hora deste mércores, segundo os datos do CIAE 112-Galicia, cando o home non regresou á residencia onde vivía tras a comida e á que debía volver durante a tarde. 

No operativo de procura activado participaron axentes da Garda Civil e voluntarios, así como outros membros de corpos de urxencias que, ao redor da medianoite, localizaron o corpo sen vida do home, sen signos de violencia.