Achados os corpos sen vida de dúas mulleres nun piso de Bilbao

Os cadáveres non presentabas signos de violencia
Una patrulla de la Ertzaintza. EFE
photo_camera Unha patrulla da Ertzaintza. EFE

Os corpos sen vida de dúas mulleres de 60 e 80 anos foron achados nun piso de nbsp;Bilbao& sen signos de sufrir violencia, informou hoxe a Ertzaintza.

A Policía vasca recibiu unha chamada este sábado de veciños deste inmoble, situado na zona vella da capital biscaíña, na que se advertía de que facía tempo que non vían ás dúas mulleres, tía e sobriña, e de que saía do seu piso un forte cheiro desagradable.

Cando os axentes desprazados ao lugar entraron na vivenda atopáronse ás dúas mulleres mortas, sen signos de violencia.

A Ertzaintza está á espera dos resultados das autopsias para determinar as circunstancias destas mortes.