Achado un feto no interior dunha depuradora en Teruel

Os investigadores tratan de localizar á nai

Un feto dunhas 26 semanas de xestación foi achado no interior da depuradora de Villaspesa, un barrio pedáneo de Teruel, segundo informaron a Efe fontes da Delegación do Goberno en Aragón.

O feto foi achado na mañá deste martes na depuradora de augas residuais situada no quilómetro 13 da estrada de Villaespesa.

A Unidade Policía Xudicial de Teruel fíxose cargo da investigación para esclarecer as circunstancias do suceso e tratar de identificar á nai.