Yoko Ono gáñalle a demanda a Heineken pola marca John Lemon

A que é herdeira legal dun dos compoñentes dos Beatles alegou falta de uso
La artista y activista japonesa Yoko Ono, en una imagen de archivo
photo_camera La artista y activista japonesa Yoko Ono, en una imagen de archivo

O Xulgado do Mercantil 1 de Granada, competente en Andalucía para os asuntos relacionados con preitos de patentes e marcas, deu a razón a Yoko  Ono nunha demanda que interpuxo contra a empresa Heineken España, á que solicitaba que declarase caduca por falta de uso a marca de cervexa John Lemon.

No auto, o maxistrado Rafael Leonés Valverde considera probado que a empresa non fixo uso no mercado, polo menos durante os últimos cinco anos, de 13 marcas de cervexa, todas elas variantes da 'John Lemon', que foi comercializada como unha cervexa con limón.


O xuíz condena á cervexeira ao pago das costas porque a empresa non atendeu o requirimento que lle fixo Yoko Ono


A demanda, que publica o diario Granada Hoy, foi interposta o 7 de febreiro deste ano e resolta o pasado 24 de abril sen necesidade de vista oral dado que a empresa demandada achandouse, é dicir, aceptou as condicións da viúva de John Lennon.

Esa circunstancia, unida ao feito de que o asunto non afectaba o interese xeral nin de terceiros, levou ao xuíz a ditar unha sentenza estimatoria de acordo co solicitado pola demandante, en lugar de seguir adiante co procedemento.

O xuíz condena á cervexeira ao pago das costas porque, antes de que se achandase neste procedemento, a empresa non atendeu o requirimento que lle fixo Yoko Ono —con anterioridade á interposición da demanda— para que retirase as citadas marcas aducindo, para iso, falta de uso no mercado.

O preito acabou en Granada porque, como sede do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSJA), é nesta cidade onde se sitúa o único Xulgado do Mercantil competente en toda a comunidade andaluza para os asuntos relacionados con preitos de patentes e marcas, e como a empresa demandada —Heineken España SA— ten domicilio en Sevilla, a demanda debía ser resolta por este órgano xudicial, indicaron fontes xudiciais.

Segundo o diario, a herdeira legal dun dos líderes dos Beatles iniciou un proceso de rexistro da marca de John Lennon en varios países pero, ao chegar a España, a oficina que xestiona este asunto rexeitouno por existir xa desde hai anos varios nomes moi parecidos que eran propiedade de Heineken, á que se dirixiu finalmente a artista xaponesa para pedir a retirada das mesmas. 

Comentarios