Jueves. 15.11.2018 |
El tiempo
Jueves. 15.11.2018
El tiempo

Unha voda de estilo cabalar chega hoxe a 'Casamos!' cos namorados Jessica e Camilo

Jessica e Camilo. TVG
Jessica e Camilo. TVG

O programa estrela da noite dos mércores na TVG presenta esta historia de amor que non contaba co visto bo da irmá do noivo

LUGO. A noite do mércores volve o amor á TVG na compaña de Casamos!, o programa máis romántico da canle pública, que ofrece un retrato coral sobre o universo das vodas en Galicia.

A historia de Jessica e Camilo, os protagonistas desta noite, podería dicirse que é un amor de taberna. Os dous xa se coñecían de antes, pois ela era a mellor amiga da irmá del, pero ningún reparara no outro. Ata que un furancho uniu as súas vidas para sempre.

O seu foi un amor taberneiro que tivo que facer fronte a algunha que outra dificultade, pois Jessica tiña dúas fillas dunha relación anterior e a irmá de Camilo non estaba moi a favor da relación. Pero o amor todo o pode e agora Jessica e Camilo casan, iso si, farano nunha noite especial e cunha voda con temática cabalar. Neste enlace todo será distinto, ata o traxe dos noivos. A celebración non vai deixar indiferente a ninguén!

As historias de amor máis románticas son as donas da noite dos mércores na Galega, que ademais plantan cara ao programas das canles nacionales.

Carmen e Carlos, a parella que protagonizará o espazo o vindeiro día 19, son a mostra de que a vida sempre regala unha segunda oportunidade amor.

Despois de dous matrimonios frustrados e cando ningún deles cría xa no amor como medio para acadar a felicidade, coñecéronse en Fuerteventura para non separarse xamais.

Malia que viven nas Canarias, volven a Boiro, terra da noiva, para casar rodeados de todos os seus seres queridos. Os espectadores da Televisión de Galicia están convidados a unha voda enxebre, con papas e mojo picón, polbo e churrasco. E, por suposto, troula a fartar.

Unha voda de estilo cabalar chega hoxe a 'Casamos!' cos namorados...
Comentarios