martes. 25.02.2020 |
El tiempo
martes. 25.02.2020
El tiempo

Vigo en Portugal, Lugo no Courel... así é o mapa dos despropósitos de Renfe

O tolo mapa de Renfe. EP
O tolo mapa de Renfe. EP

Vigo en Portugal, Ourense na Raia, Lugo no Courel, Pontevedra en Baiona. Este é o reaxuste xeográfico de Renfe que se fixo viral nas últimas horas. O sorprendente achado cartográfico foi obra de Ruben Martins, un xornalista portugués do diario Público que durante unha viaxe en tren lía unha das revistas que a compañía pon a disposición dos usuarios.

Tamén no seu país natal, Martins descubriu numerosos erros. Lisboa á altura de Santarém; Porto preto de Viseu. Moitos outros usuarios das redes sociais fixéronse despois eco do despropósito. Un despropósito, por certo, que afecta especialmente ao noroeste peninsular, o gran esquecido tamén en canto á alta velocidade. No propio mapa da discordia pódese apreciar como as liñas violetas do Ave non chegan a Galicia, Asturias ou Cantabria.

Ese si é un problema real, porque o fallo no mapa da revista Club probablemente sexa un erro de deseño facilmente subsanable.

Vigo en Portugal, Lugo no Courel... así é o mapa dos despropósitos...
Comentarios