A Unión Europea da luz verde á vacina de Janssen

É a cuarta que conta coa aprobación da Ema tras as de Pfizer, Moderna e AstraZeneca
Varias dosis de la vacuna de Janssen. EUROPA PRESS
photo_camera Varias doses da vacina de Janssen. EUROPA PRESS

A Axencia Europea do Medicamento (Ema) deu este xoves o seu respaldo científico á vacina desenvolvida por Janssen, filial da farmacéutica estadounidense Johnson & Johnson, ao considerar que se probou que é segura, de calidade e eficaz contra o covid-19. 

Esta conclusión científica dá luz verde á Comisión Europea (CE) para que poida emitir unha licenza de uso desta vacina na Unión Europea (UE), condicionada a varios compromisos por parte do fabricante, como o seguimento dos seus ensaios clínicos durante os próximos anos para detectar calquera efecto secundario novo. 

A de Janssen, que só require unha inxección para lograr a inmunización, é a cuarta vacina do covid-19 que logra o visto e prace da EMA no que vai de pandemia, logo da de Pfizer/BioNtech, Moderna e AstraZeneca, que xa se están usando nas campañas de vacinación da UE e esixen dúas dose para protexer contra o coronavirus.

Comentarios