O futuro de 'Pasapalabra', pendente dunha resolución do Supremo

O alto tribunal avala a sentenza de 2016 que ditaba que Mediaset debía deixar de emitir o programa

Christian Gálvez en 'Pasapalabra'. EP
photo_camera Christian Gálvez en 'Pasapalabra'. EP

A continuidade de Pasapalabra atópase en perigo. Unha resolución do Supremo avala que Mediaset debe deixar de emitir o que sen dúbida é xa un dos concursos máis emblemáticos da televisión actual. Segundo informa Expansión, o alto tribunal non admitiu o recurso que impuxo a cadea e avala a sentenza da Audiencia Provincial de Madrid que daba a razón ao grupo británico ITV Global Entertainment. Polo tanto, Telecinco debería deixar de emitir co nome do programa e o seu formato.

O Supremo si accedeu a revisar a parte relativa á indemnización. En base ao fallo xudicial, Mediaset terá que pagar 5,4 millóns por dereitos de emisión e un abono extra de 1,1 millóns polo catálogo da produtora británica.  A Audiencia tamén condenou o grupo en 2016 a pagar case medio millón de euros polos beneficios obtidos do concurso, pero esta parte é a que revisará o alto tribunal.

Mediaset España emitiu un comunicado no que precisa que a sentenza da Audiencia Provincial de Madrid non é firme nin executable ata que o Supremo emita finalmente unha sentenza definitiva.

Comentarios