Unha peregrinaxe de altura

Mónica Ceide completou en tacóns a primeira etapa do Camiño sen incidentes e con moito apoio
Mónica Ceide, en su primer día en el Camino
photo_camera Mónica Ceide, en su primer día en el Camino

Mónica Ceide arrincou este mércores a súa andaina do Camiño de Santiago sobre uns tacóns de 15 centímetros de altura. A lucense completou os primeiros 21 quilómetros de percorrido que separan Sarria de Portomarín, portando a camiseta co número de conta (La Caixa ES59 2100 3887 0502 0005 0362) para animar á xente a que apoie a campaña contra o cancro infantil Nicocontraelcancerinfantil.es.

Ceide declarou sentirse feliz por completar esta primeira parte do desafío e destacou que a xente se envorcou moito comigo, incluso unha señora levaba todo o día esperándome na porta da súa casa para facerse unha foto". Tamén admitiu que algúns tramos do Camiño resultan complicados para realizalos sobre os tacóns pero que "os límites que nos pomos témolos na cabeza".

Comentarios