Unha onda de calor trae temperaturas de ata 30 graos

A influencia dun anticiclón situado no Mediterráneo e a entrada de aire cálido do norte de África marcarán hoxe a subida das temperaturas ata alcanzar valores próximos aos 30 graos en Ourense e o sur de Lugo, informou hoxe a EFE unha predictora de Meteogalicia.

"Debemos aclarar que non será un día despexado, poderemos ver nubes e non se descarta algunha precipitación no litoral coruñés", dixo esta experta, que indicou que na Coruña prognostica que a temperatura soprepase os 25 graos centígrados.

En Ferrol, podería situarse en 24 graos e 23 en Pontevedra, mentres que os municipios de Vigo, Monforte, Ribadeo, Viveiro, Verín ou Lalín probablemente superen os 25 graos. "É posible que a sensación de calor chegue a ser atafegante, e ata o fin de semana seguiremos baixo esta influencia anticiclónica", engadiu a mesma fonte.

Comentarios