jueves. 05.08.2021 |
El tiempo
jueves. 05.08.2021
El tiempo

Unha nova especie de fungo habita as Illas Atlánticas

Unha nova especie de fungo, bautizado como 'Clitocybe auniosiana', habita a illa de Ons, integrada no Parque Nacional das Illas Atlánticas. O seu achado corresponde a Jaime Branco, micólogo da Asociación Brincabois, e enmárcase dentro dos estudos que se están realizando neste espazo protexido en relación coa flora de fungos.

O novo fungo, que en breve pasará a formar parte da lista de novas especies para a Ciencia, vén sumarse a outras especies presentes nas Illas Atlánticas, como a 'Hygrocybe spadicea' e o 'Boletus pulverulentus', cuxo nome aparece na lista vermella de fungos ameazados na Península Ibérica.

Ademais, en Cortegada poden verse 'Hypoxylon michelianum', unha singular especie asociada a 'Laurus nobilis' da que só se coñecen en todo o mundo escasos exemplares localizados en Portugal, España e Italia.

Unha nova especie de fungo habita as Illas Atlánticas
comentarios