TVE probará mañá a emisión en 3D cun concerto de Violadores del Verso

Televisión Española levará a cabo mañá a súa primeira proba técnica en 3D a nivel nacional coa emisión dun concerto do grupo de rap Violadores del verso. Trátase da primeira emisión experimental para todo o país en aberto, sinala nunha nota a cadea pública, que avisará antes do programa aos espectadores da natureza desta retransmisión, xa que só poderán gozar plenamente dela quen conten cun receptor adecuado e as lentes para contidos tridimensionales.

A canle TVE-HD ofrecerá a partir das dez da mañá preto de dúas horas de música rap coa actuación de Violadores del verso na súa cidade natal, Zaragoza. O concerto foi gravado hai unhas semanas pola Corporación Aragonesa de Radio e Televisión e supón a súa despedida provisional ante os proxectos en solitario que iniciarán os seus integrantes.

Comentarios