O turismo que vén

O viaxeiro reclama máis intimidade, experiencias únicas e respecto ao planeta e ás economías locais.

A Organización Mundial do Turismo advirte que gran parte dos cambios que impón o covid son de longo percorrido e que a pandemia só puxo en evidencia que algúns modelos de explotación estaban totalmente esgotados. A sociedade reclama novos tipos de aloxamento, actividades e complementos que permitan gozar máis e mellor dos destinos, que as estancias se convertan en experiencias e que as transaccións económicas repercutan nas economías locais, non nos grandes grupos empresariais. Ademais, imponse a conciencia eco e a saúde do planeta.

 A Organización Mundial do Turismo quere un sector sostible, rural e de calidade, aspectos nos que Lugo parte con vantaxe

1. Onde aloxarse

Independencia

virginia e o seu fillo que rexentan os apartamentos estilo hobbit en galdo , viveiro- jm alvezGañan peso as alternativas que favorecen o illamento. As vivendas de uso turístico, o cámping, as casas rurais, as cabanas e as autocaravanas. Aquelas propostas que acheguen intimidade e nas que non haxa que compartir zonas comúns son a opción de futuro.


2. Como moverse

Menos avións

O covid impuxo o medo aos transportes, especialmente a trens, metros e avións, pero a longo prazo tamén se busca unha conciencia eco. É dicir, menos voos (pola alta contaminación dos avións) dun país a outro e máis tempo de permanencia nos destinos.


3. Que comer

→ Produtos locais

EmpanadaO cliente valora especialmente a gastronomía local. Adeus á comida rápida e ola ao restaurante de toda a vida con horta propia. Ademais, puntúan as cartas con opcións vexetarianas, veganas, alternativas para persoas con celiaquías ou con intolerancias alimentarias.

4. Respecto

Adaptabilidade

O novo turismo está pensado para todo os perfís. As familias tamén viaxan, os nenos volven recuperar o seu espazo, as opcións para persoas con problemas de mobilidade multiplícanse. Tamén se ten moi en conta ás mascotas e os servizos que se ofrecen para elas.

5. Contorna urbana

→ A pé ou en bicicleta

A sustentabilidade imponse tamén nas cidades. As rutas a pé ou en bicicleta por contornas urbanas cotizan á alza. Por unha banda, estas alternativas permiten reducir a contaminación, pero tamén dan a posibilidade de personalizar os traxectos e elixir cando e onde se fan paradas.

6. Que facer

Cultura local

Vendima Ponche dá BogaGaña importancia o coñecemento consciente da contorna. Vivir e facer o que fan os veciños de cada destino, compartir rutinas. Participar nunha vendima, axudar na horta ou colaborar no coidado do gando, son alternativas cada vez máis valoradas polos novos viaxeiros.

7. Nos interiores

Aforamentos reducidos

Os espectáculos, os museos ou as galerías teñen que adaptarse ás novas necesidades. A distancia social e os grupos reducidos impóñense por motivos sanitarios pero tamén para que os que elixan esta alternativa poidan gozar delas coa calidade que se merecen.

8. Experiencias

Desde outra óptica

SubmarinismoO turismo que vén tamén invita a gozar dos lugares desde outro punto de vista. Facer unha ruta nocturna polos bosques galegos, coñecer a Ribeira Sacra en globo, mergullarse nas augas da Mariña ou visitar un centro urbano da man dun guía local, son algunhas das posibilidades.

9. Zero Waste

En todos os detalles

O movemento Zero Waste defende o consumo responsable e a reutilización de produtos e incorpórase ao turismo a todos os niveis. Tanto nos locais de aloxamento e no sector hostaleiro como nas rutinas dos viaxeiros, que apostan por reducir o seu impacto sobre a contorna.

10. Onde comprar

→ Mercados locais

MercadoArtigos de artesanía, decoración, alimentación de produción ecolóxica... conforman unha oferta única para o visitante. Os mercados locais son o escaparate perfecto para estes artigos con personalidade, que favorecen a economía local e que reflicten a esencia e a personalidade do destino.

Comentarios