Tom Cruise anuncia que haberá unha secuela de 'Top Gun'

O actor estadounidense volverá interpretar ao tenente Maverick 32 anos despois
Tom Cruise en una escena de 'Top Gun'
photo_camera Tom Cruise en una escena de 'Top Gun'

Tom Cruise comezará a rodar o ano que vén unha secuela de Top Gun, a cinta que o lanzou á fama a finais dos oitenta. Foi o propio actor quen confirmou os rumores durante unha entrevista no Channel Seven de Australia, onde se atopa promocionando a nova entrega da Momia.


"Si, é certo", contestou o intérprete de 54 anos ao ser preguntado sobre unha posible segunda parte de Top Gun, a película máis taquilleira de 1986.

Deste xeito, Cruise volverá interpretar, 32 anos despois, ao tenente Maverick,  un aviador da armada estadounidense.

Comentarios