Terelu Campos será operada de urxencia este mércores

A colaboradora de televisión acudiu coa súa nai María Teresa Campos a unha revisión médica este luns

Terelu Campos. INSTAGRAM
photo_camera Terelu Campos. INSTAGRAM

Terelu Campos terá que volver pasar polo quirófano este mércores tras someterse recentemente a unha dobre mastectomía e unha reconstrución de peitos. 

Segundo recolle o portal Informalia, este luns a colaboradora de televisión acudiu a unha revisión e foi nesa consulta na que lle comunicaron que tería que volver operarse. De feito, os paparazzis captaron o aspecto serio de Terelu e da súa nai María Teresa Campos á saída do centro médico.

"A Terelu están a facerlle probas e, efectivamente, quizá teña que pasar polo quirófano de forma inmedia", declaraba Carmen Borrego á revista Semana, aínda que sen pór ningunha data. 

Ao parecer, segundo informa El Periódico, a intervención de Terelu Campos realizarase este mércores e estaría motivada polas dores que está a sufrir durante o postoperatorio relacionados cun rexeitamento dos implantes. 

Comentarios