Abeiro Gold organiza un taller de orejas de carnaval

Os residentes intercambiaron distintas receitas deste produto de entroido e acordaron coas chefs facer unha

A residencia para maiores Abeiro Gold organizou un taller de cociña impartido polas chefs do centro Laura Torrón e Lupe Álvarez, en colaboración coa terapeuta ocupacional de Abeiro, Rebeca Ramos. 

Con esta actividade significativa, os residentes intercambiaron distintas receitas das orellas de entroido e acordaron coas chefs facer unha. Así, a comunicación, a relación entre os residentes e os recordos da cociña estiveron presentes durante varios días, sen esquecer compoñentes tales como a psicomotricidade, a planificación e a execución de tarefas. Doutra banda, os traballadores do centro tomaron nota de todos os trucos de cociña que durante esta experiencia compartiron os residentes, así como doutras sobremesas típicas destas datas, talles como as filloas, as rosquillas e os bolos de vento. 

Os residentes relataron anécdotas vinculadas á súa mocidade e como vivían o Entroido nos seus lugares de procedencia. As risas estiveron presentes ao recordar as 'antroidadas' e as coplas dedicadas. Dentro da programación desta actividade realizouse unha saída organizada da comunidade, coa finalidade de adquirir os ingredientes precisos para a elaboración da receita. Unha vez no mercado elixiron aqueles produtos en función da súa calidade e prezo, dando lugar a grandes charlas e discusións típicas dun grupo unido. 

O día terminou cun café conxunto nunha cafetería próxima. Outro exemplo onde se confirma que a actividade forma parte do día a día de Abeiro Gold. Esta vez foi a través da cociña, que entre os seus beneficios ten axudar a mellorar a autoestima, o estado de ánimo e as relacións sociais.

Comentarios