A RAI 2 repón un programa sexista un día logo de suspendelo polas críticas

Nesta ocasión, a cadea pública emitiu un vello episodio de Detto Fatto no que mostraba as marabillas do push-up cun desfile de lencería
Un instante del polémico tutorial. EP
photo_camera Un instante do polémico tutorial. EP

A polémica non cesa ao redor da cadea pública italiana RAI 2, que tras emitir o martes no programa Detto Fatto un tutorial para explicar ás mulleres como facer a compra de forma sexy, o que levou á súa suspensión, non tivo mellor idea que emitir este xoves noutro horario unha reposición do mesmo espazo esta vez cun desfile de lencería.

Italia pechou a xornada do mércores sabendo que Detto Fatto, con horario de tarde, non se volvería a emitir tras os fortes críticas xeradas e incluso a apertura dunha investigación, pero esta mañá os espectadores atopáronse cunha reposición de hai uns meses: un desfile de mozas en roupa interior que explicaban as marabillas do push-up aos televidentes coa música de Nove "semanas e media".

"RAI, ¿estás a tomarnos o pelo ou non hai nin un mínimo control?," espetou en Twitter á cadea pública italiana a senadora do Partido Democráico (PD) Valeria Fedelli cun texto acompañado de imaxes da emisión en cuestión.

A cadea, RAI2, cancelou tamén, logo do sucedido, a emisión de calquera reposición de em <>Detto Fatto, cuxa emisión do tutorial a cargo dunha modelo de pole "dance" recibiu cualificativos como vergozoso ou ofensivo, entre outros. 

O administrador delegado da RAI, Fabrizio Salini, dixo que a emisión dese tutorial foi un caso "extremadamente grave" de perpetuación de estereotipos sexistas.

O director de RAI2, Ludovico Dei Meo, pediu este mércores desculpas aos telespectadores polo "gravísimo erro" que "certamente non foi intencionado", aínda que subliñou o afán "irónico" deste programa de mero entretemento vespertino.

Na emisión, a bailarina Emily Angelillo, en ton xocoso, animaba a usar os tacóns no día a día, tamén nas situacións máis informais, por exemplo ir ao supermercado para facer a compra.

E, ataviada cuns pantalóns curtos de coiro negro e zapatos de tacón, ensinaba como empuxar o carriño da compra camiñando de tal modo que os corredores se convertan nun escenario".

E entre outras cousas mostraba como alcanzar os produtos colocados na parte máis alta dos andeis sen estirarse de xeito "vulgar", recomendando levantar unha perna dobrando o xeonllo para darlle "un toque un pouquiño máis intrigante" a esta acción.

A emisión do tutorial abriu un debate nos medios sobre o estado interno da cadea, especialmente tendo en conta que se emitiu a véspera do Día contra a Violencia de Xénero.

Comentarios