Sonsoles Ónega gaña o Fernando Lara

A súa obra está protagonizada por un axudante da Generalitat e unha enfermeira e está baseada en feitos históricos ocorridos durante a II República
Sonsoles Ónega sostiene su galardón
photo_camera Sonsoles Ónega sostiene su galardón

A xornalista e escritora de orixe lucense Sonsoles Ónega gañou a XXII edición do Premio de Novela Fernando Lara, dotado 120.000 euros e fallado este sábado en Sevilla, con Después del amor todo son palabras, unha novela de amor baseada en feitos históricos.

Sonsoles Ónega explicou que a protagonista da súa novela, Carmen, foi unha muller á que coñeceu a través das súas fillas, hoxe nonagernarias.

A novela conta a historia de amor entre Carmen e Federico Escofet, "un home público, con galóns, na segunda República" e ambos protagonizaron unha peripecia, que tivo como escenarios a II República, a Cataluña de Companys, o exilio e a II Guerra Mundial.

Carmen, segundo explicou a autora en conferencia de prensa tras recibir o premio, foi unha muller criada nunha desas familias monárquicas da burguesía catalá que, co advenimiento da República, fanse nostálxicas do reinado de Afonso XIII. Unha muller que padeceu un tormentoso matrimonio cun médico, que sufriu a traizón da súa irmá e que "se rebelou nun tempo no que as mulleres non se rebelaban" e decidiu abandonar Barcelona nun tren no que coñeceu a Escofet.

Federico Escofet, capitán de cabalería, foi axudante dos presidentes cataláns Maciá e Companys e xefe dos Mossos d'Esquadra, cargo para o que foi nomeado a noite do 6 de outubro de 1934, cando a Generalitat de Cataluña, de xeito unilateral, decidiu proclamar a súa independencia.

Ónega soubo que hai unha biografía súa, a que publicou o xornalista de Avui Xavier Febrés. "Escofet contoulle a Febrés todo", segundo Ónega, incluído o amor apaixonado que viviu con Carmen, de quen conservaba unha fotografía no ultramarinos que durante a súa vellez rexentou en Bruxelas.

O capitán Escofet fixo a guerra, interveu na batalla de Teruel e foi ferido nunha man, lesións das que lle coidou Carmen nun hospital de Barcelona, aínda que os dous amantes non emprenderon xuntos o camiño do exilio.

Febrés entregoulle a Ónega uns folios escritos polo propio Escofet que conteñen detalles da súa relación de amor con Carmen que descoñecen incluso as súas fillas, como que ela chegou a estar embarazada de Escofet.

comentarios