Prosegue a polémica xerada polo 'bolso máis caro' de Dona Letizia

Luciu un 'clutch' negro en pel de crocodilo valorado en 4.200 euros e asinado por Inés Figaredo, cuxos complementos luciron, entre outras, Rihanna ou Lady Gaga. O problema: se debe empregar complementos tan caros
El complemento es obra de la asturiana Inés Figaredo
photo_camera El complemento es obra de la asturiana Inés Figaredo

Din nas súas crónicas os sabios do papel cuché que non hai polémica. Sosteñen que o balbordo que se xerou nas redes sociais a raíz do uso por parte da Raíña dun bolso de 4.200 euros non é máis que unha anécdota sen percorrido e que se tratou todo, como sostén Mariángeles Alcázar, dun pequeno erro dalgún dos asesores de Dona Letizia, que foxe sempre dos grandes dispendios e que, recordemos, recentemente sorprendía a propios e estraños lucindo un bolso de 16 euros de Mango.

O caso é que a Raíña luciu durante a entrega do Premio Francisco Cerecedo unha carteira de man de Inés Figaredo, cuxos complementos luciron xa Rihanna ou Lady Gaga, realizado en pel de crocodilo cunha pluma de bronce bañado en ouro. Está valorado, como diciamos, en 4.200 euros e algunhas voces criticaron que, inmersos nun escenario de crise, Dona Letizia empregue pezas tan caras. Incluso hai quen pide que se aclare se foi un agasallo ou un préstamo. Mentres tanto, a Casa Rela ignora o asunto.

Comentarios