Shakirá e Piqué, de 'xira' en Xerusalén

A cantante colombiana Shakira e o seu noivo, o xogador do F.C. Barcelona, Gerard Piqué, atópanse de visita en Xerusalén, onde causaron unha grande expectación entre os veciños da cidade santa.

Shakira ten previsto participar na sesión inaugural dun foro de conferencias auspiciado polo presidente do Estado de Israel, Simón Peres, denominado "Enfrontando o mañá 2011", iniciativa que aborda entre outros asuntos, estratexias para garantir a protección e educación na infancia.

Tras o acto, Shakira e Peres comparecerán ante os medios nunha rolda de prensa.

A fundación de Peres ten asinado senllos acordos de colaboración tanto coa Fundación F.C. Barcelona como a fundación de Shakira, Pies Descalzos, destinadas a promover a
educación e formación dos nenos en valores como o deporte.

A mediática parella ten previsto visitar ademais unha escola bilingüe judeo-árabe en Xerusalén, onde o ambiente dos alumnos era de ilusión e exaltación máximas.

Boa parte dos escolares do centro educativo lucían hoxe a camiseta azulgrana e ensaiaban para entoar unha canción de benvida da diva colombiana.

Shakira e Piqué serán agasallados polos alumnos xudeus e árabes no patio central do colexio e logo a parella recibirá a un grupo de nenos de ambos os pobos na biblioteca do centro para responder ás súas preguntas.

A cantante e o xogador de fútbol atópanse desde onte, luns, en Xerusalén, onde tiveron ocasión de visitar a cidadela antiga e o Muro das Lamentacións.

No máximo santuario do xudaísmo tiveron que ser rodeados por un importante dispositivo de seguridade ante a atenta mirada de curiosos, veciños e turistas na cidade santa.

Comentarios