Shakira e Piqué aterran en Colombia para pasar o fin de ano en familia

"Un biquiño a toda a miña xente, estou moi feliz de estar aquí", dixo a cantante sobre a visita á súa Barranquilla natal

Shakira e o futbolista español Gerard Piqué chegaron este martes á cidade de Barranquilla, no norte de Colombia, cos seus dous fillos, Milan e Sasha, para pasar o fin de ano coa familia da cantante. 

"Un biquño a toda a miña xente, estou moi feliz de estar aquí", dixo Shakira a xornalistas á súa chegada ao aeroporto Ernesto Cortissoz, que serve a Barranquilla. 

"Si, estou moi feliz moi contento de estar aquí en Colombia, en Barranquilla, e a gozar cos nenos", afirmou, pola súa banda, Piqué. 

Desde o 19 de decembro especulouse sobre a chegada de Shakira ao seu natal Colombia. Así, para poder acompañar a Shakira a Barranquilla, Piqué recibiu permiso do adestrador do Barcelona, Luís Enrique Martínez.

Comentarios