Shakira admite a tristeza de Piqué pero alega ter ''formas de animalo''

A cantante colombiana Shakira admitiu hoxe que a súa parella, o defensa español Gérard Piqué, aínda non se recuperou da recente decepción que viviu coa selección española, eliminada na fase de grupos do Mundial en que debía defender o título conquistado catro anos atrás en Sudáfrica.

"Unha das cousas que aprendín convivindo cun futbolista é que necesito estar lista para apoialo nos momentos difíciles. O deporte é cruel, gáñase e pérdese. Él realmente está moi frustrado, pero teño as miñas formas de animalo", asegurou a colombiana, que será unha das estrelas na cerimonia de clausura do Mundial o domingo no estadio Maracaná.

Comentarios