A serie 'Los Simpson' contará, por primeira vez, cun personaxe xordo

O episodio estrearase a próxima semana, titúlase 'The Sound of Bleeding Gums' ('O son das encías sanguentas') e céntrase no personaxe de Lisa Simpson, unha das fillas da famosa familia
Los Simpson. EP
photo_camera Los Simpson. EP

A popular serie de debuxos animados The Simpson (Los Simpson) contará, por primeira vez nos seus 33 anos de historia, cun personaxe xordo que necesitará o uso da linguaxe de signos, segundo informa a cadea CNN.

Aínda que os personaxes do programa só teñen catro dedos, usarán o linguaxe de acenos estadounidense neste innovador episodio que se estreará a próxima semana. 

"é moi difícil facer un primeiro capítulo como este logo de 722 episodios. Pero non podería estar máis entusiasmado con el", dixo o produtor executivo Al Jean, segundo a cadea estadounidense.
O episodio titúlase The Sound of Bleeding Gums (O son das encías sanguentas) e céntrase no personaxe de Lisa Simpson, unha das fillas da famosa familia.

Lisa descobre que o seu modelo a seguir e músico favorito, o defunto saxofonista Bleeding Gums Murphy, ten un fillo xordo que necesita un implante coclear. Lisa déixase levar para tratar de axudar ao fillo, Monk Murphy.

A trama do episodio está inspirado na vida de Loni Steele Sosthand, a escritora principal da serie. "Loni propuxo converter ao fillo de Bleeding Gums Murphy nun home que naceu xordo e que nunca puido escoitar a música do seu pai", dixo Jean á CNN.

Sosthand explicou tamén á cadea que os produtores do programa consultaron a dous especialistas en linguaxe de signos para revisar as animacións e asegurarse de que, a pesar de que faltaban os dedos dos personaxes, o significado das palabras transmitíase correctamente.

Segundo Sosthand o episodio foi para ela e un traballo feito "con amor" e moi "persoal". O seu irmán, Eli, ten problemas de audición nunha familia que ama o música jazz.

comentarios