'El señor de los anillos' retorna aos cines 20 anos despois

As tres cintas poderán visionarse nas salas a partir do 30 de abril 
El señor de los anillos. ESPINOF
photo_camera 'El señor de los anillos'. ESPINOF

Coincidindo co vixésimo aniversario do lanzamento da primeira película da triloxía de El señor de los anillos, Warner Bros anunciou este venres o reestrea en cines das tres cintas dirixidas e remasterizadas en 4K por Peter Jackson a partir do próximo 30 de abril. El señor de los anilloss: la comunidad del anillo estará dispoñible durante unha semana, entre o 30 de abril e o 6 de maio. Ao día seguinte, o 7 de maio, estrearase a segunda parte, El señor de los anillos: las dos torres, que poderá gozarse ata o 13 de maio; e a terceira, El retorno del Rey, do 14 ao 22 de maio.

Estreada en cines en 2001, a saga baseada nos libros de J.R.R. Tolkien foi un éxito de público e crítica. As tres películas gañaron en total 17 premios Óscar, once deles para a terceira entrega.
O ano pasado comezou a rodaxe dunha nova e ambiciosa serie para Amazon Studios baseada en El señor de los anillos que se desenvolverá miles de anos antes dos eventos narrados nesa triloxía e en El Hobbit, na Segunda Idade da Terra Media, con J.A. Bayona como produtor executivo e director dos dous primeiros capítulos.

Comentarios