Casa a filla de Tom Cruise e Nicole Kidman sen avisar á nai

Isabella Cruise, de 22 anos, contraeu matrimonio nunha igrexa da Cienciología de Londres

Isabella Cruise, a filla que adoptaron os actores Tom Cruise e Nicole Kidman cando estaban casados, acaba de contraer matrimonio en Londres. Fíxoo nunha igrexa da Cienciología, seita á que pertence o seu pai, sen informar sequera á súa nai.

Nicole Kidman non tivo noticia do acontecemento, ao que por suposto non puido asistir, ata días logo da súa celebración, segundo informa a edición dixital de El País.

Tom Cruise, que si asistiu á voda, que pagou e organizou, e Nicole Kidman teñen dous fillos adoptivos: a citada Isabella, de 22 anos, e Connor, de 20. Ambos os dous foron criados como cienciólogos.

Comentarios