Sae á luz a fortuna de Anne Igartiburu

A revista Lecturas publica nunha reportaxe o soldo e o patrimonio da presentadora, que conta tamén con investimentos e activos en empresas
La presentadora Anne Igartiburu. ARCHIVO
photo_camera La presentadora Anne Igartiburu. ARCHIVO

Anne Igartiburu é un dos rostros máis coñecidos da televisión en España nas últimas dúas décadas. E está de rabiosa actualidade, xa que TVE, ademais de recuperar o seu espazo Corazón, vén de anunciar que a presentadora será a encargada de ofrecer as badaladas de Noitevella xunto a Ana Obregón, un tándem que xa funcionou o pasado ano. 

Coincidindo co seu regreso a primeira liña televisiva, a revista Lecturas acaba de desvelar nunha reportaxe o suculento patrimonio co que conta Igartiburu, que ten tamén unha faceta de empresaria e investidora. 

Segundo a revista, a presentadora ten cargos executivos en tres empresas, cuxo activo supera os seis millóns de euros. 

SOLDO. O soldo de Igartiburu por presentar o programa de nbsp;TVE&ascendería ata 300.000 euros ao ano, ao que habería que sumar outros traballos puntuais da presentadora na cadea, como é o caso das badaladas, polas que cobraría ao redor de 30.000.

O seu soldo na cadea pública e o seu labor no mundo da empresa permiten que, por exemplo, Igartiburu poida permitirse vivir nun chalé de 500 metros cadrados, polo que pagou 1,2 millóns de euros. 

Comentarios