Sabina: "Vívese ben sen Goberno en mes e medio"

Cumpre 66 anos, di que celebra que "a rúa" entre no Parlamento, censura as "pelexas polos cargos" e anuncia disco
Joaquín Sabina
photo_camera Joaquín Sabina

Joaquín Sabina, que este soprou as candeas do seu 66 aniversario, concedeu unha entrevista á radio Arxentina Vorterix na que comentou a actualidade política española. 

Destacou como "cousas moi boas" o feito de que "a rúa entrou no Parlamento" e que se leva mes e medio sen Goberno e se vive estupendamente sen Goberno".

Tamén celebrou que a corrupción, que parecía completamente impune, "está a levarse aos tribunais", o que "vai servir un pouco de vacina para que os que rouban non rouben, ou rouben menos".

Ao seu xuízo, o malo é "que os líderes políticos, incluídos os de Podemos, os máis rueiros e á esquerda, unha vez que ven a posibilidade de gobernar co PSOE, puxéronse a pelexar non polo que necesita a xente senón polos cargos".

Sobre o seu futuro profesional, confirmou que sacará un disco "antes de Nadal" e viaxará "a varios sitios", incluído Bos Aires, para escribir as novas cancións.

Comentarios