Sabina revive sobre o escenario

500.jpg
photo_camera 500.jpg

Ante un público entregado e unha vez superado o medo escénico -ou un problema de saúde- xurdido no anterior concerto, que el mesmo definiu como "un Pastora Soler" (en alusión ao desmaio da cantante), Joaquín Sabina volveu subirse hoxe ao escenario en Madrid. E aproveitou a ocasión para referirse á súa indisposición: "Vin pasar a vida por diante e case o funeral".

Un lucense presente no concerto déixanos varias imaxes (á dereita) e relátanos que tamén tivo unhas cariñosas palabras para Víctor Manuel, Ana Belén e Joan Manuel Serrat, sobre os que dixo que lles debe "moito". Jorge Drexler foi outro rostro coñecido presente nunha esperada actuación de Sabina que, por certo, iniciouse con bastante atraso.

Saúdo ao público (Alberto Martin/EFE)

Comentarios