Sabina sométese a unha operación de estómago

Aos seus case 67 anos, o cantautor recupérase do seu problema de saúde e baralla publicar as súas memorias
Sabina, en una imagen de archivo
photo_camera Sabina, en una imagen de archivo

O cantautor Joaquín Sabina recupérase dunha operación de estómago á que foi sometido recentemente. Así o desvelou nunha entrevista concedida a XL Semanal, onde o músico repasa a súa traxectoria, os seus novos proxectos, a actualidade e os seus pequenos problemas de saúde.

E é que non é a primeira vez que a saúde de Sabina -que o 12 de febreiro cumprirá 67 anos- subre algún altibaixo. En 2001 sufriu un ictus, que non lle deixou secuelas, e pouco despois unha depresión que logrou superar. "Veume logo da euforia de sobrevivir ao ictus. E eu creo que algo tivo que ver con iso. Cando me dei conta de que non era Superman, senón un tipo que se estaba pondo triste. Durou un ano e pico", explicou o cautautor. 

Aínda que di que a depresión "tal como veu foise" os rumores sobre o seu estado anímico non cesaron e incluso se incrementaron cando o pasado ano sufriu unha 'Pastora Soler' e tivo que abandonar o escenario. Despois sóubose que non se debía a un ataque de pánico, senón a un problema de estómago.

Agora que garda repouso para cicatrizar as feridas da intervención, Sabina está a sopesar a posibilidade de escribir unhas memorias. Aínda que xa houbo varios intentos e recoñece que non se lle dá ben escribir prosa, "agora, con isto da operación e das tripas, ao mellor 'mas receto' e póñome a iso", conclúe.

Comentarios